Inicio
Galego
Principal
 

Benvida

 Saudo
 Situación
 Como chegar?
Dep. Cultura
 Cultura
 Deporte
 Educación
Historia
 Vila histórica
 Casco histórico
 Escudo
Monumentos
 Petroglifos
 Igresias
 Capelas
 Convento
 Muiño Mareas
 Patrimonio
Natureza
 Riqueza natural
 Praias
 Monte Louro
 Illa Creba
Axenda
 Empresas
Contacto

Benvida - Saudo

Con estas páxinas sobre Muros queremos, ademais de dar a coñece-los nosos monumentos e paraxes naturais, que compartan algo da nosa historia e do noso presente.

A través dun magnífico texto e dunas excelentes fotografías, amosarémoslles un anaco desta fermosa terra, das nosas tradicións e unha mostra das nosas antigas vilas, cheas de pedras labradas por canteiros que, coas súas mans creadoras, deixáronnos gran cantidade de igrexas, cruceiros, casas, escudos heráldicos, rúas, etc.

Cando recorran as rúas e as paisaxes desta comarca, daranse conta de que estamos nun proceso de rehabilitación e restauración do patrimonio histórico e natural, e facémolo así por devoción e pola obriga de coida-lo que a natureza nos deu e o que os nosos antecesores nos deixaron.

Dóuvola benvida a estas páxinas e desexo que gocedes con elas.

Un cordial saúdo.


Caridad González Cerviño

Alcaldesa de Muros

Concello de Muros - Curro da Plaza s/n - Muros - A Coruña - Tel. 981 826 050