Unha
das riquezas maiores de Muros confórmaa o seu rico patrimonio
natural, que se caracteriza pola súa calidade ambiental.
O singular atractivo que supón o feito de formar parte dunha
zona de ría converte a este territorio nunha das partes máis
fermosas do litoral galego. O tramo de costa que neste municipio
alcanza uns 25 km. de extensión combínase harmoniosamente
coas partes interiores, aportando en conxunto unha diversidade paisaxística
digna de admiración. A suavidade das súas múltiples
ensenadas combinadas con espacios máis elevados conforman
unha terra de contrastes sumamente atractiva á vista de todos
aqueles que ata aquí se acerquen. A tonalidade verde dos
campos, o branco das praias, o gris dos casaríos e o azul
verdoso do marcombínanse para esperta-los sentidos do paseante.
A
presencia destas formacións naturais de gran beleza e apacibilidade
están provocando que Muros combine o seu carácter
mariñeiro cunha funcionalidade eminentemente turística,
para o cal a vila tamén se prepara aceleradamente dende o
punto de vista das infraestructuras, e así observamos como
nos últimos anos, ademais de proliferar os establecementos
hosteleiros e extrahoteleiros de tódalas categorías,
está en auxe a construcción de vivendas secundarias
que se localizan fundamentalmente na parroquia de Louro, sendo as
praias as principais protagonistas deste recente auxe turístico.
|