As
diferentes estacións rupestres localizadas en múltiples
lugares deste municipio atestiguan unha importante presencia prehistórica
e dan mostra do inxenio e saber facer dos nosos antepasados, convirtindo
a Muros nunha das principais estacións rupestres de Galicia.
Segundo os historiadores J.J. Eiroa e Pepa Rei, a abundancia dos
petroglifos pertencentes á Idade do Bronce que atopamos en
Muros fai que poidamos falar de nada menos que de quince estacións,
compostas estas por múltiples grabados de gran singularidade,
estando todos catalogados.
Entre todos eles recoméndase visitar pola súa orixinalidade
e facilidade de acceso, o da Laxe das Rodas, na parroquia de Louro,
que foi descuberto non ano 1956 por o etnógrafo D. Agustín
González López, e según a opinión do
experto D. Fernando Alonso Romero relaciónase co extendido
culto ó sol, podendo representar un calendario. A este chégase
polo camino que de Louro conduce a Taxes, atravesando o lugar coñecido
como “A Pallagueira”, ou ben collendo un desvío
no km. 5 da estrada C550, no punto denominado Portocarral, ata o
lugar de San Roque, dende aquí tomarase un desvío
á esquerda pola nova estrada de Taxes e pasado medio kilómetro
continúase a pé uns 100 m. para chegar ó lugar
onde se localiza a estación Laxe das Rodas, que consta dun
grupo de dez figuras que representan dous símbolos espirais,
sete circuliformes e un cabalo solar.
Na
mesma parroquia de Louro encóntranse outros moitos petroglifos
de interés ó igual que nas parroquias de Muros e Serres,
destacando nesta última a complexidade dos gravados que compoñen
a estación de Cova da Bruxa, onde o máis reseñable
é a presencia de varios cérvidos que se combinan con
representacións de figuras humanas.
Xunto ás estacións
rupestres atopamos no municipio gran cantidade de castros e, anque
na súa maior parte están sen excavar, atestiguan a
presencia dun poboamento prehistórico correspondente á
Idade do Ferro. Entre todos eles destacariamos pola súa vistosidade
o de Ventín (Louro), o da illa de Santa Catalina (Tal), o
de Miraflores(Muros) e o de Riomao (Torea).
Ademais dos petroglifos e
asentamentos castreños citados é interesante que nos
acerquemos ata Esteiro para contemplar os restos de calzada romana
que se localizan enfrente á illa da Creba, e que, seguindo
a liña da costa, discurría cara Muros. Actualmente
consérvase nun estado que podemos calificar de aceptable.
|