Un
espacio privilexiado dende o punto de vista paisaxístico
é o conformado polo Monte Louro e a Lagoa de Xalfas, que
se localiza na parte exterior da vertente norte da ría e
que está declarado espacio de interese natural. Ó
pé deste monte granítico de orixinal silueta e de
241 m. de altura, sitúanse por un lado o mar en toda a súa
inmensidade, e por o outro a antedita lagoa de Xalfas, de gran riqueza
biolóxica, que conforma un espacio de uns 200 m. de diámetro
cerrado por unha barreira areosa sobre a que se formaron co paso
dos anos acumulacións dunares que cortan o paso do río
Longarela e separan a lagoa do mar. As diferentes especies de flora
e fauna que aquí atopan un hábitat ideal para desenvolverse
aumentan o atractivo que xa de por sí ten esta formación,
e provocaron que a zona fora declarada Refuxio de Caza.

Con referencia á flora
observamos como aquí conviven estrañas especies adaptadas
á sequidade e á humidade e entre elas debemos resaltar
a presencia da Lilaeopsis Caroliana, por se-la única mostra
que atopamos en Galicia desta especie. En canto ás especies
faunísticas está comprobado que neste lugar aniñan
entre maio exullo especies como o ánade real, a focha común,
o zampullín chico o o rascón, ó tempo que escollen
este lugar para invernar outras como o porrón común
ou a garza real.
|