Outro
lugar capaz de provocar a admiración do viaxeiro é
o que está conformado pola illa da Creba en Esteiro. En fronte
ó cabo Uhía sitúase esta fermosa illa que comparte
espacio con outra próxima, coa illa Vella. Esta é
unha formación de singular atractivo na que se desenvolve
un frondoso bosque de pinos e na que parece ser que antigamente
estivo emprazada unha pequena ermida que foi levantada para homenaxear
á Virxe, a onde acudían en romaría multitude
de persoas.
As lendas sobre mouros e
princesas enfeitizadas tiveron durante moito tempo o seu escenario
nesta illa, e nelas asegurábase que coa construcción
da ermida quedou definitivamente cristianizado este lugar que foi
centro dos embruxos destes personaxes, e que en última instancia
provocaron que este anaco de terra se separara do continente.
Outro espacio que resalta
nesta mesma parroquia de Esteiro pola súa beleza paisaxística
é o que se coñece co nome das Brañas da Pedra
do Cadro.
|